CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Conmemoramos o oitenta aniversario do Pontevedra C. F. con heroes do último ascenso a 2ª división

15/10/2021 - 22:38 h

Hoxe 16 de outubro un dos grandes do fútbol galego, o Pontevedra Club de Fútbol, celebra oitenta anos dende o seu nacemento. Cunha longa e exitosa historia, destacan dous momentos que sempre estarán na retina da afección granate, os anos do "Hai que roelo" en 1ª División e o último ascenso a 2ª, na temporada 2003-2004.

Para conmemorar este oitenta aniversario do Pontevedra, Paco Santos quixo convidar ao Galicia en goles a algúns dos heroes dese último ascenso a 2ª División. Pola Radio Galega pasaron o técnico José Aurelio Gay, o capitán Fede Bahón e o goleador, o rifle Javi Rodríguez.

Escoita a amena conversa que mantiveron lembrando a fazaña.