Galicia en Goles
Lendoiro: "Non entendo a ausencia de Aspas da selección, debe haber algo persoal con Luis Enrique"
O expresidente do Deportivo da Coruña, Augusto César Lendoiro, pasou este venres polo Galicia en goles para conversar sobre esta temporada de fútbol, onde ve a Liga de primeira máis aberta dende o ano 2000. Falou o dirixente de Corcubión de cómo ve aos grandes, ao Sevilla e incluso ao Celta nesa máxima categoría.
Por suposto, Augusto César Lendoiro analizou o seu Dépor: "Os únicos partidos que vexo enteiros son os do Deportivo. Deime de conta de onde estabamos cando un día, viaxando cara a Palencia, no coche perdeuse o sinal da Radio Galega e xa non puiden seguir o partido que estaba disputando". Sobre a gran sensación da canteira, Noel, tivo palabras de eloxio "Para min Noel é un rapaz especial no Deportivo, incluso tamén polo seu pai que o traía dende Silleda cando estaba eu. É un xogador diferente".