Galicia en Goles
Charles: "Vin ao Pontevedra para quedar"
O dianteiro do Pontevedra participou na vitoria ante o Vilalbés por 3-1, no amigable de Portonovo.
O futbolista falou ao remate no Galicia en goles dunha semana difícil que lle tocou vivir tras o ruxerruxe de que podía deixar o club.
Charles criticou as redes sociais, dixo que non vale todo e pediu respecto para el e a súa familia.