CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Lino López: "Impórtame máis que o equipo creza que facer o pleno de vitorias"

14/02/2021 - 15:12 h

O Uni Ferrol segue de doce na Liga Feminina 2. O conxunto departamental derrotou esta mañá na Malata o Magec Tías de Lanzarote por 76 a 52 e mantén o pleno de triunfos nesta temporada.

Ademais, con esta vitoria, o conxunto ferrolán acada o pase xa matemático á segunda fase. O técnico Lino López atendeu o Galicia en goles ao remate do encontro "A pesar da diferenza na clasificación amosouse que cada partido hai que loitalo e que se non tes acerto vas sufrir. Ata o último cuarto, onde anotan só 6 puntos, elas xogaron con máis liberdade. Hoxe tentamos traballar outras situacións e custounos"

Sobre o récord de triunfos Lino é claro: "Non me importa seguir co pleno. Temos un obxectivo maior e o importante e o que me importa é que o equipo creza para esa decisiva segunda fase"