Galicia en Goles
Este luns, na Radio Galega, Oviedo - Lugo.
A vixésimo quinta xornada de liga na Segunda División complétase este luns co encontro que desputarán, no Carlos Tartiere, o Real Oviedo e o Club Deportivo Lugo.
O encontro comezará ás nove da noite e poderase seguir no 'Galicia en goles' dende as 20.30.
O conxunto de Medhi Nafti buscará seguir coas boas sensacións e sumar nun campo que non se atopa nas mellores condicións posibles, logo das intensas choivas caídas en Asturias nas últimas semanas.
Un resultado positivo para o conxunto da Muralla permitiríalle seguir mantendo marxe sobre o descenso e afianzarse na zona morna da clasificación.