Galicia en Goles
Lemos: "Foi un gran partido con resultado xusto"
O Bergantiños derrotou o Polvorín na Cheda por cero goles a un no encontro máis destacado da xornada no subgrupo 1A da Terceira División galega.
Enfrontábanse segundo e terceiro e o partido non defraudou. Así o recoñecía no micrófono de Raúl Villares o técnico do conxunto carballés Xosé Luís Lemos: "Foi un gran partido, entre dous grandes equipos, e penso que finalmente rematou con resultado xusto"
Lemos analizou o encontro da seguinte maneira: "No primeiro tempo tivemos moitas chegadas, con presión alta, roubamos moito. Precipitados ás veces. No segundo tempo falamos de ter máis pausa. Fixemos o gol a balón parado en xogada ensaiada e logo tivemos outra para pechar o encontro que por desgraza non anotamos e tocou sufrir"