Galicia en Goles
Escoita o noso derbi de xornalistas entre Manuel Estévez e Kiko Novoa
No Día Mundial da Radio, no 'Galicia en goles' quixemos escoitar esas voces recoñecidas e recoñecibles da Radio Galega para que contasen as súas rivalidades.
Dende o departamento de Informativos e Programas convidamos a Manuel Estévez, vigués e celtista, e a Kiko Novoa, deportivista confeso. Os dous reviviron "o noso derbi" pero en chave radiofónica. Non faltaron os piques, a retranca, o humor e a sa rivalidade.
Podes volver escoitar este choque de trens entre Manuel Estévez e Kiko Novoa no podcast da Radio Galega.