Galicia en Goles
Rodri: "Marcho contento co resultado, pero temos moita marxe de mellora"
O Compostela goleou o Palencia Cristo Atlético por tres goles a cero no debut nesta temporada no estadio Vero Boquete de Santiago. A pesar do avultado resultado, o técnico Rodri non se amosaba satisfeito: "Estou contento co resultado, é obvio, pero quero ser claro, temos moita marxe de mellora. Tivemos moita efectividade e pegada, pero hai que recoñecer que nos puxeron apuros e se non marcamos cedo, puidemos pasalo moito peor"
Rodri foi crítico co seu equipo: "No segundo tempo estivemos un pouco mellor, pero tampuco moito. Dáme rabia que nos adestramos dunha maneira e logo o domingo non somos quen de repetilo. Estou desgustado porque non amosamos o que somos quen de facer. É culpa miña porque os rapaces deron todo o que tiveron. Sensación adridoce"