CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Manu Mariña: "É un privilexio marcar un gol histórico para este club"

12/09/2021 - 15:33 h

O Arenteiro sumou o primeiro punto da temporada tras empatar no Espiñedo a un tanto contra a UP Langreo. O autor do gol carballiñés, Manu Mariña, avaliaba o partido e a súa diana, a primeira en moitos anos nunha categoría nacional: "É un privilexio marcar un gol tan histórico para este club, pero o importante é axudar o equipo e neste caso non puido ser con vitoria, pero polo menos serviu para sumar un punto. Non é habitual que marque. Felicitáronme os compañeiros. Tiña dende hai anos non marcaba gol sendo senior. Saquei a espiña, e satisfeito"

Mariña considera que "formulamos ben o  partido. Na primeira metade entendemos o que tiñamos que facer. Na 2ª non é escusa a  calor ,que foi para os dous equipos, e hai que dar por bo o punto e pensar na seguinte xornada. Non houbo conformismo. O Arenteiro sempre sairá a gañar"