Galicia en Goles
Coudet: "Contento pola vitoria, pero hai que ver a realidade, volveremos ter dificultades"
O Celta retornou á senda do triunfo tras derrotar o Elxe por tres goles a un. O técnico Eduardo Coudet falou sobre o partido e amosouse satisfeito: "Contento por volver gañar. Temos moi boa xente de bo pé no centro do campo e sempre que teñamos posibilidades imos xerar. Pero, por lóxica, coma hoxe, tamén sufriremos. Contento pola vitoria, pero hai que ver a realidade, volveremos ter dificultades"
No vindeiro encontro ante o Valencia, Coudet non poderá contar con varios xogadores por sanción, entre eles o moañés Iago Aspas: "Sempre teremos dificultades, e se unha delas é que non poidamos ter o noso mellor xogador, é maior. Temos unha semana longa e prepararemos o partido da mellor maneira e volveremos buscar a vitoria"
Sobre a amarela a Aspas por protestar o Chacho foi claro: "Con Iago non me anoxo nunca. É moi difícil facelo cun tipo que nos dá o que nos dá no día a día, que compite da maneira que compite. Nalgún momento ía recibir a quinta amarela, porque non se garda nada, porque é competitivo. Chegou agora"