Galicia en Goles
Manu Taibo, patinador que viaxa a Alemaña coa selección española: "Será un proxecto para mellorar en instalacións de xeo"
No 'Galicia en Goles' adoitamos cada semana poñer en valor o traballo da nosa canteira. Na patinaxe un dos grandes estandartes do presente e un seguro para o futuro é Manu Taibo González, do Rabadeira de Oleiros. Con 17 anos, viaxará próximamente a Alemaña coa selección española "Será un proxecto para mellorar en instalacións de xeo, xa que aquí en España non hai moitas para poder adestrase e alí hainas de moi boa calidade. Ata o de agora facía velocidade. Non é un cambio radical, é un cambio temporal, adoitamos complementar o xeo e a velocidade. "
Será unha experiencia para un mozo que compaxina o deporte cos estudos: "Non me irei estudar alí. Estou matriculado aquí en Galicia nun centro que permite a educación en liña. Eu irei seguindo cada materia pola miña conta. Dixéronnos que serían dúas sesións ao dia, duas horas cada unha, e logo tocará estudar. É perfectamente compatible. Supón un esforzo, pero non é nada imposible. Polo de agora como non hai obxectivo claro no xeo, podo levar as dúas disciplinas. Logo máis adiante veremos"