Galicia en Goles
Traba: "O Deportivo ten que estar nunha situación moi crítica para facer un ERE"
O Deportivo da Coruña anunciou esta semana que iniciaría un ERE colectivo entre xogadores do cadro de persoal e traballadores do club. No 'Galicia en goles' quixeron coñecer o parecer dun histórico como Xosé Manuel Traba. O fisterrán foi claro: "O Deportivo ten que estar nunha situación moi crítica para facer un ERE. Hai que estar dentro do club para saber as contas, pero non parece ser unha boa noticia. Non creo que sexa positivo incluso para os reforzos, que agora o pensarán mellor antes que vir"
Ademais aproveitou Traba para falar do éxito dun exdeportivista na Copa América: "O certo é que Scaloni, dende que é seleccionador de Arxentina fixo un gran papel e ninguén confiaba nel. Xa sabiamos como era como xogador, pero sorprendeu o seu bo facer como técnico"