CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Analizamos a vitoria de Víctor Senra no Rally Sur do Condado, por diante de Jorge Pérez e Dani Berdomás

11/07/2021 - 14:41 h

O sur da provincia de Pontevedra acolleu este sábado a terceira cita do Campionato Galego de Rallys.  O Sur do Condado contou con doce treitos cronometrados, o último deles tendo que ser percorrido por todos os pilotos na escuridade da noite.

Venceu o líder do campionato e gañador das dúas primeiras citas do certame, Víctor Senra. O actual campión foi o gran domiNador, sendo o máis rápido en todos os treitos agás un e ampliando a súa vantaxe na clasificación xeral.

Na segunda posición rematou o vigués Jorge Pérez Oliveira, afianzando o seu gran comezo de temporada. O último chanzo do podio foi para o coruñés Dani Berdomás, a gran revelación da proba, que superou monturas superiores á súa. 

A praza do Concello de Salvaterra do Miño foi o lugar escollido para reagrupar os vehículos no parque pechado final. Alí estivo a Radio Galega, que conversou cos tres protagonistas da xornada, os pilotos que coparon o podio deste Rally Sur do Condado.