CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Bruno López: "Contar cos Hispanos en Galicia foi o colofón a unha temporada difícil"

10/07/2021 - 20:12 h

A selección española de balonmán pechou o seu periplo por Galicia na xira de preparación para os XXOO desputando nas Travesas un encontro fronte a Portugal con vitoria por 38  a 32. Bruno López, o presidente da Federación Galega, falou para a Radio Galega: "Contar cos Hispanos en Galicia foi o colofón a unha temporada difícil. A pena foi que non puidese entrar máis xente nesta pista"

Foi unha xornada moi intensa para o presidente galego porque celebrouse a asemblea xeral, coa presenza do presidente da RFEBM, Francisco Blázquez: "Hoxe acompañounos nesa xuntanza, en que tocamos algunhas decisións coma o pago da  arbitraxe, os calendarios..."