Galicia en Goles
Fran Figueroa: "Queremos dar cabida a todas as nenas da Costa da Morte que queren xogar ao fútbol e desfrutar deste deporte"
O 'Galicia en goles' visitou Dumbría para apoiar o fútbol feminino nunhas xornadas que celebra o conxunto local, que está inmeso tamén nun proxecto para crear un conxunto feminino. Fran Figueroa é un dos organizadores e o encargado de adestrar o novo conxunto: "Queremos dar cabida a todas as nenas da Costa da Morte que queren xogar ao fútbol e desfrutar deste deporte. Todas aquelas que escoiten isto teñen oco para poder xogar nestas xornadas, que non teñan dúbidas e que contacten con nós nos nosos perfís"
Fran Figueroa admite que "bastantes meses atrás, tras sacar un proxecto en Muros, coas rapazas, pensei nun proxecto de cultura de vestiario dende a base, dende abaixo. Penso que teño vocación de formación. Crin que Dumbría é o lugar ideal para crear, con todos os recursos posibles, un proxecto para arrancar e crear unha base para todas as nenas da Costa da Morte"