Galicia en Goles
Manu Barreiro: "Pensei que non chegaba ao partido. Por fortuna, todo saíu ben"
O C. D. Lugo logrou un importante triunfo ante o Xirona por un gol a cero que lle permite sumar once puntos e situarse na zona tranquila da clasificación. O tanto chegou na recta final do partido, obra do santiagués Manu Barreiro: "Pensei que non chegaba ao partido. Tiven que infiltrarme para poder xogar, pero o xoves non contaba. Por fortuna, todo saíu ben e puiden marcar o gol".
O Lugo deixou a porta a cero, algo que destacaba Barreiro: "É importante porque crecemos dende atrás. Sumar tres puntos é importante e sobre todo nesta categoría e para conxuntos coma o noso".