CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Iván Carril, técnico do Noia, comenta a última hora de Angelo: "Aínda hai cousas que non lembra. É cousa de horas"

09/10/2021 - 21:23 h

O campo de Calabagueiros viviu esta xornada uns minutos de incerteza. O xogador do Noia Angelo Liñares caeu inconsciente no terreo de xogo tras bater coa testa cun rival. Durante un tempo o futbolista perdeu a consciencia e tivo que agardar á chegada dunha ambulancia para trasladalo ao Hospital Comarcal de Valdeorras. 

Tras o encontro, Roberto Carlos Carballo conversou co seu técnico, Iván Carril, sobre a última hora do xogador: "Está no hospital. Agora mesmo aínda hai cousas que non lembra. Supoño que será cousa de minutos ou horas. Ao principio foi moito susto porque os compañeiros tiñan mala cara, cando caeu insconsciente. Eu cando cheguei, como estou recentemente operado e foi máis tarde, xa estaba consciente. Tiña frío e tremía. Irémolo ver agora ao hospital, en quendas".