CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Diego Pampín: "Son tres puntos que saben a ouro"

08/10/2021 - 21:52 h

O Celta B derrotou en Lezama o Athletic B por cero goles a un. No Galicia en goles conversamos con Diego Pampín, o capitán do filial olívico: "Son tres puntos que saben a ouro nun campo supercomplicado. Houbo que sufrir moito. Creo que non soubemos correr na 2ª parte e matar o encontro".

Pampín valorou o fermoso gol de Gabri Veiga que lle outorgou o triunfo aos celestes: "Un gran gol de talento individual, arrancando de metade de campo, que gaña partidos. Logo eles apertaron moito, sobre todo a partir do minuto 70, pero defensivamente o equipo estivo ben, lonxe da área, e tampouco xeraron ocasións de grandísimo perigo".

O capitán anotou un gol que lle foi anulado: "Pita man. Dáme no peito, quedei, de feito, co peito quente do pelotazo, acomodo o balón, disparo e cando entra o gol vexo que o anula. O gol é legal. Son cousas que pasan. Interpreta que é man e xa se sabe que dentro da área as mans en ataque van pitalas todas. Afortunadamente, saíu ben e traemos os 3 puntos".