CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Falamos con Lino Estévez, técnico do Xuvenil de Ponteareas, unha das revelacións no arrinque da 3ª RFEF

08/10/2021 - 23:36 h

Este sábado terá lugar a xornada íntegra na 3ª RFEF. Os conxuntos adiantan os seus partidos debido á disputa doutra cita ligueira o vindeiro festivo, o 12 de outubro. No Galicia en goles do venres Paco  Santos quixo conversar coas dúas grandes revelacións do campionato ata o de agora, os  ascendidos Noia e Xuvenil de Ponteareas.

Lino Estévez é o técnico do Xuvenil de Ponteareas, que acaba, precisamente, de caer ante o conxunto da Barbanza. "Precisamente esta non é unha semana para felicitar porque acabamos de perder claramente ante o Noia. Non foi un bo partido. Quixemos facer cousas de máis en zonas onde non debiamos. Aproveitaron erros nosos. Non creo que fose relaxación dos meus xogadores, foi un día malo".

Sobre o segredo do seu conxunto afirmou que "é un equipo formado metade e metade do ano pasado... Houbo xogadores que tiveron que deixalo por motivos laborais. O club está buscando xogadores na bisbarra, apostamos pola xuventude. Estamos moi contentos coas fichaxes porque dan un plus de fame, ritmo, ímpeto. Hai que seguir traballando para mellorar".