Galicia en Goles
Intenso domingo no 'Galicia en goles'
Este domingo a edición matinal adianta o seu comezo ás 11.45 h coa última xornada da Segunda B nos grupos de ascenso.
O Rácing de Ferrol necesita gañarlle en Luanco ao Marino para acceder á Primeira RFEF, mentres que o Deportivo, xa cos deberes feitos, visita o Numancia co obxectivo de quedar primeiro e entrar na próxima edición da Copa do Rei.
Para o Celta B, entrementres, a visita a Burgos servirá de preparación para as finais de ascenso ao fútbol profesional e para saber tamén en que posto vai quedar no grupo.
O Coruxo-Lealtad, pola permanencia na Segunda RFEF, e o Estudiantes-Obradoiro de ACB completarán a oferta deportiva ata as 14.30 h.
Desde as 15.00 h, o protagonismo será para o Vilarreal-Celta, de Primeira, o Pontevedra-Spórting B, de Segunda B, e a xornada de Terceira.