CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Este martes, especial 'Galicia en goles' na web da Radio Galega e en Radioplayer España

08/02/2020 - 21:53 h

Este martes, especial Galicia en goles na web da Radio Galega e en Radioplayer España
Comeza a Copa da Raíña de fútbol e a Radio Galega vai estar presente na eliminatoria de oitavos de final.

O martes, desde as oito menos cinco da tarde, Paco Santos conduce a retransmisión do partido entre o Deportivo e o Valencia, desde o estadio municipal de Riazor.

Javi Torres, na narración, e Rocío Candal, nos comentarios técnicos e tácticos, contarán todo o que pase durante os noventa minutos de xogo. 

O encontro ten, ademais, carácter solidario. Os socios teñen entrada de balde e o público só pagará dous euros polo acceso, cartos que destinarán íntegramente á Cociña Económica.

Por riba, os 5.000 primeiros seareiros en entrar no estadio terán un agasallo especial: a bufanda do Dépor.