CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Diego Rivas: "Imos xogar os galegos esa terceira praza"

07/02/2021 - 19:24 h

O Rácing de Ferrol caeu na Malata por cero a un ante o Salamanca. O seu cancerbeiro Diego Rivas foi moi sincero na zona mixta: "O seu gol no comezo do segundo tempo marcou o partido. Non estivemos ben e temos que mellorar. É o partido con peores sensacións. Houbo momentos de ida e volta, pero cando quedamos sen espazos foi máis difícil. Custounos máis".

Sobre o traspé no obxectivo de rematar nos tres primeiros postos, Rivas foi claro: "Iso é o que me preocupa, porque son xa moitas veces que desperdiciamos oportunidades para engancharnos aí arriba. O certo é que, vendo o resto de resultados, imos xogarnos os galegos esa terceira praza".