CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Alberto Domínguez: "Esta vitoria ten máis repercusión, pero son tres puntos máis"

07/02/2021 - 15:17 h

O Coruxo acadou un histórico triunfo no Vao ante o Deportivo por dous goles a cero. O seu porteiro, Alberto Domínguez, atendeu o Galicia en goles a avaliou o triunfo: "Os tres puntos son un alivio. Non dá para estar contentos tal e como estamos. Si que é un partido con máis repercusión, pero son tres puntos máis. Notei o Deportivo con moita presión, nesta categoría todo se iguala moito".

Alberto admitiu: "Estivemos moi ben, incluso cos trocos. Sabiamos que se apertabamos a súa saída do balón, teriamos opcións. Temos o hándicap de fóra da casa. No Vao somos solventes, incluso en momentos con fútbol atractivo. Pero non chega. Se coma visitante non sumas nada, non chega".