CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Futbolistas do Dépor Genuine e da CRTVG, no deporte inclusivo

06/04/2019 - 15:13 h

O pasado bado foi o Día Internacional do Deporte para o Desenvolvemento e a Paz da ONU. A Radio Galega dedicou o programa Convivir deportivo ao deporte inclusivo, emitido a través da páxina web e que será redifundido na FM e pola TDT o 4 de maio ás doce do mediodía.

Alfonso Pardo situou o estudio móbil na Cidade Deportiva de Abegondo, onde ao mesmo tempo se disputou un partido de fútbol en que se mesturaron futbolistas do equipo Genuine do Deportivo da Coruña e traballadores vestidos de curto da CRTVG.

Durante o Galicia en goles, algúns dos protagonistas da xornada pasaron polos micrófonos da Radio Galega, nunha reportaxe de Alfonso Pardo.