Galicia en Goles
Jorge Fernández "Rematar nos tres primeiros agora mesmo é un milagre"
Jorge Fernández, extremo do Pontevedra, atendeu os medios de comunicación tras a derrota do conxunto granate en Pasarón ante o Zamora.
O xogador foi moi crítico: "Non é cuestión do penalti. Foron superiores a nós e iso temos que analizalo, é preocupante. Eles levan varias xornadas arriba, é por algo. Amosaron por que están arriba".
Fernández avisou: "Rematar nos tres primeiros agora mesmo é un milagre. Hai que ser conscientes diso. Teriamos que facer en moi pouco tempo o que non fixemos en toda a temporada".