CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Toño Camba: "Hai que poñer unha data para recuperar partidos. Debemos saír todos a xogar na mesma situación"

06/02/2021 - 15:31 h

Este sábado, o Arenteiro-Estradense, encontro da décimo sexta xornada do grupo Sur da Terceira división galega, desprazouse a Barbantes, no Concello de Cenlle para a disputa do partido.

Na previa do mesmo, Roberto Carlos Carballo conversou co presidente do conxunto rival, Toño Camba, sobre as sensacións dos pontevedreses e tamén sobre o futuro incerto da competición nestas semanas cheas de adiamentos.

Di Camba: "No grupo Norte só hai un partido. Non sei cómo vai facer a Federación. Creo que o que non pode ser é atrasar tanto os partidos. Pode darse a situación de que logo algún equipo non xogue nada. Hai que poñer unha data para recuperar partidos. Debemos saír todos a xogar na mesma situación".