CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Roberto González "Estamos tentando viaxar a Londres a apoiar a España e todo son impedimentos. Seguimos pagando noites en San Petesburgo"

04/07/2021 - 19:37 h

Roberto González é un afeccionado de Ordes que forma parte da única peña oficial que sigue á selección española de fútbol. Esta fin de semana está pechado, xunto a outros seareiros, en San Petesburgo. "Estamos tentando viaxar a Londres a apoiar a España nas semifinais e todo son impedimentos.  Tiñamos billetes de avión para viaxar a Palma vía Alemania e ao chegar ao aeroporto non nos deixaron. Trocaron as medidas no país xermano. Seguimos pagando noites en San Petesburgo"

 

González explicaba que "estamos buscando axuda para que as autoridades británicas nos deixen entrar alí. Incluso pensamos en alquilar unha vivenda e quedar logo para pasar a corentena e poder regresar a casa. Sentímonos sós, sen apoio do Goberno nin da UEFA"