Galicia en Goles
Pablo Prieto "As mellores canteiras do fútbol sala galego amosaron un gran espectáculo en Noia"
Noia converteuse no epicentro do fútbol sala galego nas categorías de canteira. Alí estivo o Galicia en Goles para contar tódalas finais de cadetes, alevíns e xuvenís. Presente na vila do Barbanza estaba o responsable do fútbol sala da Federación Galega de Fútbol, Pablo Prieto "As mellores canteiras do fútbol sala galego amosaron un gran espectáculo en Noia. A saúde da base é boa. Foi unha pena o descenso do Parrulo porque serven de empurrón. Aínda así teremos a vindeira temporada moitos conxuntos en divisións nacionais. Vamos no bo camiño"
Recoñece Pablo Prieto que "este ano foi moi complicado. A pandemia provocou que o esforzo de directivos, de xogadores fose moi alto. Pero o deporte deu exemplo"