Galicia en Goles
Queco Piña "Dituro tivo unha gran progresión. É moi completo e xa o tiña olleado por se subiamos a 1ª co Leganés"
O ex cancerbeiro Queco Piña pasou a pasada noite polo Galicia en Goles para analizar a actualidade do fútbol español, que pasa pola clasificación da selección para as semifinais da Eurocopa. Piña asegurou que "obveamente a figura do partido foi Sommer, salvou a Suíza ata a quenda de penaltis. A españa e a Unai beneficiouno que Suíza xa tirase na anterior rolda. Determina aos lanzadores"
Piña tamén conversou con Toni López sobre Matías Dituro, o veterano porteiro arxentino que sitúan na órbita do Celta "Con Dituro coincidín no Celta B hai moitos anos. Era moi novo. O ano pasado quixen seguirlle a pista e vin que progresara moito. Ten moito nivel, forte por arriba e bo xogo cos pés. xa o tiña medio fichado por se subiamos co Leganés a primeira"