Galicia en Goles
Manu Justo: "Temos que desfrutar do 'playoff' a Segunda División"
O Celta B xogará a fase final polo ascenso a Segunda División tras derrotar por dous goles a un a Cultural Leonesa. O autor dos dous goles foi Manu Justo: "Moi contento por sumar e axudar o equipo a gañar ante un duro rival e sobre todo aquí, en Balaídos. Sabiamos que eles chegaban presionados e buscando as súas opcións de ascenso"
Justo admitiu que "non todos os anos se xoga unha fase de ascenso. Temos que desfrutar do 'playoff' a Segunda División, nós, ademais, que somos novos. O campo é magnífico, de Primeira División. Todos queremos algún día xogar neste tipo de campos"