Galicia en Goles
Alejandro Fernández "Saín pola beira do río Miño en Ourense, había moita xente, pero con seguridade"
Luis Ojea conversou con outro atleta neste primeiro día de deporte na rúa tralo confinamento forzoso das últimas semanas. Alejandro Fernández conta a súa experiencia "Debido ás miñas circunstancias tiven que saír por unha zona máis concurrida. Foi pola beira do río Miño en Ourense, había moita xente, pero con seguridade, os camiños son amplos e non houbo risco ningún. Creo que había máis xente correndo que paseando"
Conta tamén Fernández que "Eu falo do que vin en Ourense. Temos a sorte que as zonas onde a xente corre normalmente son amplas, e a xente podía gardar a distancia. Ademáis houbo unha especie de acordo e organización, ciclistas pola esquerda, corredores pola dereita. Ás veces nas noticias e redes sociais só saen os malos exemplos. Creo que o 95% da poboación respétanse as normas. Polo que vin eu, en Ourense non houbo problema"
Tamén avisa Alejandro "Foron moitos días de sedentarismo na casa. Non hai necesidade de volta repentina porque poden aparecer lesións. Hai que ir pouco a pouco e de maneira progresiva. Eu teño un grupo e aviseinos que tiñan que combinar correr e camiñar"