Galicia en Goles
Moncho Fernández: "Estivemos a grande altura durante todo o encontro. É unha vitoria para crer no noso traballo"
O Obradoiro acariña a permanencia na Liga ACB tras derrotar no Sar o Andorra. O técnico da Pontepedriña, Moncho Fernández, valorou este choque: "Pasoulles coma a nós na primeira volta. Viñamos da parada polo gromo de Covid, estabamos en plena recuperación e sei o que están a sentir eles. Falta a saúde e o estado de forma. Fixemos un bo traballo en xeral. No 3º cuarto tivemos o acerto que nos faltou nos outros. En liñas xerais foi en todo o partido, raiando a boa altura"
Moncho non se quixo pronunciar sobre esa permanencia virtual na elite do baloncesto español: "É unha vitoria para seguir crendo no que estamos a facer, que dá confianza para afrontar as dúas finais que veñen esta semana"