CRTVG

Buscar

Destacados

Os galegos en Portugal critican a falta de cumprimento das normas no país veciño

04/02/2021 - 20:15 h

No informativo 'A crónica' analizamos a situación de Portugal da man de galegos que traballan no país veciño. 

O presidente da Asociación de Profesionais Sanitarios Españois en Portugal, Xoán Gómez Vázquez, critica que todos os camións teñan que estar parados durante horas na fronteira. "É evidente que un camión vai traballar, non vai de compras nin de festa"

O doutor Gómez, que vive en Galicia e traballa no centro de saúde portugués Ponte da Barca, avalía a grave situación da pandemia. "Portugal foi un dos países que máis tarde obrigou a levar a máscara". Sinala que a incidencia na primeira onda foi baixa, pero a situación agora é moi crítica.

Nos hospitais, "estamos coa auga ata o pescozo", di Xoán Gómez Vázquez, que prevé unha mellora dos datos nos próximos días ante o descenso de contaxios.

Gómez Vázquez indica que "o confinamento deixa moito que desexar". Na súa propia experiencia, é testemuña de como "persoas positivas saen da casa sen ningún tipo de control".

Falamos tamén con Gonzalo Gesto, galego da Laracha que vive no Porto, onde traballaba como guía turístico desa cidade lusa. "Hai axudas, pero aínda estar por ver como van ser e cando chegarán".

Os dous entrevistados coinciden na falta de cumprimento das normas. "Non hai ningún tipo de respecto ás normas. Se vas pola rúa, ves grupos de persoas xuntos, botellóns polas noites, churrascadas, non parece que estamos no medio dunha pandemia"

Cortes dos diferentes programas da RG