CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Especial fin alarma sanitaria no 'Galicia por diante FdS'

23/10/2021 - 10:30 h

Con motivo da fin do estado de alarma sanitaria en Galicia, a Radio Galega emitiu o seu programa Galicia por diante da fin de semana desde a Cidade da Cultura. 

O espazo, presentado por Victoria Rodríguez, desprazouse ata o que foi o gran centro de vacinación de Galicia, para dar a benvida á nova normalidade.

Polos micros do GxD pasaron os protagonistas destes meses de pandemia, como Ana Isabel Vázquez Reboredo, directora da fundación Cidade da Cultura; Nedea Fernández, coordinadora de vacinación da área de Santiago-A Barbanza; Juan Gestal, catedrático de medicina; Jorge Mira, científico e divulgador, ou Nieves Cabo, primeira muller vacinada de Galicia.