CRTVG

Buscar

Destacados

Lucía Vázquez, exciclista e nutricionista deportiva "A ansiedade e a moral baixa afectan á alimentación"

11/04/2020 - 17:00 h

Durante estas semanas de illamento o Galicia en Goles está a conversar con personaxes vencellados ao deporte, que teñen moito  que aportar sobre cómo superar esta situación de crise sanitaria.

Lucía Vázquez é exciclista e agora traballa coma nutricionista deportiva "Eu non teño nenos, pero entendo que nesta situación de confinamento hai máis tensión, máis ansiedade. Isto, xunto aos baixons de moral poden axudar ao picoteo e a desviar a nosa alimentación"

 

Lucía Vázquez "Cando estaba no alto nivel os psicólogos axudábannos a manter a calma nos días importantes, a non perder os nervios. Todo iso pódese extrapolar á vida real. Eu aos meus clientes xa lle dixen que nestas semanas non pretendesen baixar de peso. O importante é comer o mellor posible"

Cortes dos diferentes programas da RG