CRTVG

Buscar

Destacados

Laura Alonso: "Traballo na UCI, é duro pero satisfactorio. Funcionamos como un equipo"

05/04/2020 - 17:00 h

Laura Alonso, ex-xogadora e delegada do Celta Bosco, é enfermeira nun hospital vigués. Conversou con Xoán Galán sobre a súa experiencia nestes duros días.

"Eu traballo na planta da UCI. É o máis duro, pero tamén o máis reconfortante porque, polo de agora, foise curando toda a xente. Os primeiros días custou acostumarse a poñer a vestimenta, a usala todo o día".

Alonso, ex-capitá do Celta afirmou que a súa experiencia no deporte está a axudar no  seu traballo actual "Traballamos en equipo. Dígolles ás compañeiras que é o partido máis difícil, pero que temos o mellor equipo. 

Laura recoméndalle á poboación que cumpra cos consellos de confinamento: "O máis importante é parar os contaxios para non colapsar os hospitais. A xente debe seguir na casa e tentar, entre todos, parar isto".

Sobre o retorno da competición foi clara: "Creo que se debería rematar xa. Non ten lóxica rematar en verán. A Liga, en teoría, debería xa finalizar agora en abril".

Cortes dos diferentes programas da RG