CRTVG

Buscar

Destacados

Xisela Aranda: "Non entendo que non remate o fútbol feminino. Deberían dar algunha explicación"

17/05/2020 - 16:00 h

De ser campioa de España de squash en sete ocasións a ser futbolista do CD Tenerife. Ese foi o camiño que fixo Xisela Aranda no último ano. Hoxe visitou o Galicia en goles.

Xisela falou sobre o confinamento: "Coma todos, teño días, pero tentei planificarme e levar unha rutina de traballo, de adestramento e meter cousas novas para levalo da mellor maneira posible".

Chegou hai pouco ao fútbol feminino e amósase contenta co paso "Ascendimos, estou contenta de xogar ao fútbol. O deporte é a miña paixón, primeiro o squash e agora o fútbol. Sempre me gustou de pequena. Foi unha pena non poder rematar a temporada xogando a Copa pero foi así".

Aranda confirma que continuará: "Sen dúbida, seguirei un ano. Estou vivindo unha das mellores etapas da miña vida. Gustaríame que se dese unha explicación por parte da federación. Se hai igualdade teremos que amosala. Se os homes comezan a xogar, non entendo, a primeira e segunda feminina deberían xogar".

A viguesa ten, por suposto, certo vencello co Celta: "O meu avó é socio histórico. Durante esta pandemia incluso recibiu a chamada de Sergio Álvarez. Os meus referentes e ídolos son Iago Aspas e Jenifer Hermoso".

 

Cortes dos diferentes programas da RG