CRTVG

Buscar

Destacados

Toño Serantes, médico e presidente do Ribadumia: "Os aplausos poñen a pel de galiña"

19/04/2020 - 16:00 h

A sección do Galicia en goles de #Quedanacasa ten hoxe coma protagonista a un presidente do fútbol galego. Toño Serantes é o máximo dirixente do Ribadumia. Ademais, el e a súa familia están vencellados ao sector sanitario, que tan bo traballo está a realizar nesta crise da COVID-19.

Serantes conversou con Xoán Galán sobre o seu traballo. "Como especialista de dixestivo non son primeira liña, agora estamos baixo mínimos de traballo. Digamos que son segunda liña. Os de urxencias, UCI e plantas de hospitalización son os primordiais. Nunca na miña vida vivín isto".

O presidente do Ridadumia valorou os aplausos diarios que inundan España ás oito do serán: "Moito agracecemento; é incrible a solidariedade da xente, que pon en valor todo o traballo dun sector que o fai por vocación, pero que está vivindo unha situación complicada. Pon a pel de galiña".

O Ribadumia fixo, ademais, un vídeo contra a COVID-19 que está dando moito que falar nas redes. "No club temos un equipo de técnicos e xogadores que é impresionante. Están poñendo todo o seu gran de area para facelle máis doádo á xente o confinamento".

Cortes dos diferentes programas da RG