CRTVG

Buscar

Diario Cultural

O Festival de Cine de Málaga premia ao cinema galego

31/08/2020 - 14:33 h

Nesta pasada fin de semana, o festival andaluz daba a coñecer os filmes premiados desta XXIII edición entre os que atopamos nomes galegos: a produtora Chelo Loureiro, a directora Marta Porto, a curta de ficción "Xoves de Comadres", dirixida por Noemí Chantada; a curta de animación "Homomaquia", dirixida por David Fidalgo, e "Lúa Vermella", dirixida por Lois Patiño e participada pola TVG, premio á mellor película na sección ZonaZine.