Diario Cultural
'O reiciño da Galiza', de Victor Hugo, en banda deseñada
Inacio Vilariño e Iván Suárez asinan guión e ilustracións, respectivamente, desta obra que publica Demo Editorial. É unha adaptación ao cómic de 'Le petit roi de la Galice', obra do poeta francés Victor Hugo, que narra o rapto do primoxénito do rei García II, o derradeiro monarca galego. Os autores inspiráronse na tradución ao galego realizada por Henrique Harguindey.