CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Dúplex Cinema recorda a Varda en Ferrol

31/01/2022 - 17:31 h

 

Durante todo 2022 Dúplex Cinema ofrece unha retrospectiva de Agnès Varda. 25 sesións con entrada gratuítas nas que se proxectarán curtametraxes, filmes de ficción e documentais  da cineasta francesa finada en 2019, unha das poucas miradas femininas da nouvelle vague. Este mércores proxéctase a súa ópera prima, 'La pointe-Courte'.