Diario Cultural
A participación galega nos Premios Goya
Faltan dous días para a entrega dos Premios Goya en Sevilla. Nesta sección de cine con Begoña Vázquez falamos da participación galega nestes galardóns.
A película con máis candidaturas é A sombra da lei, de Dani de la Torre, protagonizada por Luis Tosar e Michelle Jenner. Aspira a seis estatuíñas e a maioría delas son técnicas como efectos especiais, dirección artística, fotografía ou música orixinal.
Outra longametraxe con selo galego é a animación Memorias dun home en pixama, do director galego Carlos Fernández de Vigo.
Tamén temos a curta de animación Soy una tumba, do debuxante de Cangas Khris Cembe. Está ambientada nun pobo costeiro galego na época do contrabando.
Na sección de documentais está o director vigués Guillermo de Olivero con Desenterrando Sad Hill.
Na categoría de curtametraxes de ficción está a xoia de Matria, de Álvaro Gago. Unha peza de vinte minutos nunha conserveira de Arousa na que cobra moita importancia a relación da protagonista coa súa familia.
Logo temos a Luíz Zahera, candidato como actor secundario por El Reino. Na categoría de protagonistas está o ferrolán Javier Gutiérrez, que aspira ao Goya por Campeones.