CRTVG

Buscar

Diario Cultural

'10 de marzo', un documental sobre o Ferrol de 1972

30/11/2022 - 17:31 h

 

Acaba de chegar ás salas de cine o documental '10 de marzo', que narra a xornada de 1972 en que morreron polos tiros da policía dous traballadores da Bazán, Amador Rey e Daniel Niebla. Conversamos con Roi Cagiao, o director deste filme, que bota man de imaxes de arquivo, dramatizacións e testemuños actuais para contar a loita polos dereitos sociais e a democracia que protagonizou Ferrol nos últimos anos da ditadura.