CRTVG

Buscar

Diario Cultural

O Congreso Small Cinemas chega a Compostela

29/10/2021 - 17:51 h

Beli Martínez tráenos na súa colaboración desta semana o congreso Small cinemas que se celebrou onte e hoxe en Santiago, na Facultade de Comunicación. O congreso que leva como subtítulo 'Do celuloide ao streaming: conservación e circulación dos pequenos cinemas'.  Esta 12ª edición da Small Cinemas Conference (organizada polo Grupo de Estudos Audiovisuais e celebrada por primeira vez en Galicia) reúne a participantes de máis de 20 universidades e outras institucións para tratar cuestións como o impacto do streaming nos pequenos cinemas, o papel do circuíto de festivais no posicionamento destes, a efectividade das políticas públicas para promovelos ou as posibilidades dos arquivos institucionais e comunitarios para conservar este cinema, con achegas que analizan casos de cinematografías como a galega, a polaca, a vasca ou a chilena, en moitos casos marcadas pola presenza de linguas minorizadas.