CRTVG

Buscar

Diario Cultural

'Rompente', de Eloy Domínguez Serén, premiada no Festival de Málaga

29/03/2022 - 17:31 h
Conversamos con Eloy Domínguez Serén sobre 'Rompente', o filme gañou esta fin de semana a Biznaga de Prata do Festival de Málaga á mellor curtametraxe de ficción. 
'Rompente' retrata a vida dunha parella de pais moi novos. O filme rodouse na comarca do Barbanza e está protagonizado por Sergio Baleirón e Soraya Luaces, dous mozos sen experiencia actoral previa.