CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Sensoxenoma 22: pode a música curarnos?

28/09/2022 - 17:31 h

 

Coñecemos este innovador proxecto de investigación que une música e ciencia co obxectivo de buscar novas terapias para enfermidades como alzhéimer ou a parálise cerebral. O Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago e a Real Filharmonía de Galicia únense este venres 30 de setembro nun concerto en que se recollerán mostras biolóxicas do público, para coñecer como os estímulos musicais inflúen no ADN. Preséntannos este proxecto pioneiro o investigador Antonio Salas Ellacuriaga e a directora técnica da Real Filharmonía de Galicia, Sabela García Fonte.