CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Roda o balón nos teatros galegos

28/09/2022 - 10:31 h

O próximo partido da temporada non se xoga en ningún estadio nin campo de terra. Xógase nos teatros. 'Recortes, caneos e outras formas de driblar' é a nova produción do Centro Dramático Galego e Ainé, dirixida por Tito Asorey e baseada nunha investigación de Nacho Carretero. O xornalista, que moi pronto publicará o libro, afonda aquí nas luces e nas sombras do fútbol e o seu negocio. No que pasa no campo, pero tamén nos palcos dos grandes estadios.

A estrea é no Salón Teatro de Santiago, onde estará ata o 23 de outubro, para entón comezar unha xira polos mellores teatros, ou campos, de Galicia ata febreiro. 'Recortes, caneos e outras formas de driblar' é unha obra sobre fútbol pero non só. Carretero e o actor Christian Escuredo pasaron polo Diario cultural e aseguran que fará saltar da cadeira os afeccionados e non tanto.