Diario Cultural
Comeza a mostra Cinemas Ocultos
Falamos de mostras que se están a celebrar en Vigo e Cangas. Unha desas mostras son os Cinemas Ocultos que comeza hoxe coa proxección de Hamada, de Eloy Domínguez Serén.
Os cinemas ocultos amosan o cine galego que non chega ás salas comerciais. Tamén porán o foco no cinema islandés, un cinema descoñecido nesta latitude.
Neste Diario cultural imos ata Vigo, onde ten lugar o ciclo Mulleres, patrimonios e sociedade, organizado polo Consello da Cultura Galega. Unha mostra que xa se organizou en Braga.