CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Nace o colectivo fotográfico Ollo Photo

26/09/2022 - 10:32 h

Un grupo de fotoxornalistas galegos acaban de unirse baixo o nome de colectivo Ollo Photo para contar Galicia a través de imaxes. Son Óscar Corral, Paula Quiroga, Vanessa Casteleiro, Agostiño Iglesias, Brais Lorenzo, Óscar Pinal e Adra Pallón. Pero tamén xestores culturais como Sara García e Daniel Lázare e unha editora, Sabela Eiriz. Todo para contar historias a través da imaxe e chegar máis alá dos medios tradicionais. 

Xa se estrearon cunha reportaxe sobre os lumes na Revista 5W, e proximamente veremos máis pezas nos medios asinadas polo colectivo Ollo Photo.