Diario Cultural
Gonzalo Hermo gaña con 'Diario dun enterro' o Premio de Narrativa Breve Repsol
Gonzalo Hermo gaña con 'Diario dun enterro' o Premio de Narrativa Breve Repsol. Galaxia publicará antes de finais de ano a primeira novela do rianxeiro.
'Diario dun enterro' é unha novela breve e veloz coma o ritmo das novas vidas ou coma un avión de Barcelona á aldea de Eiradona. Unha novela que se suma a ese xénero "literario pero tamén cinematográfico ou teatral no que por un acontecemento - neste caso un enterro - unha familia se ve obrigada a convivir de novo e aí sucede todo".